Saltar ao contido

Illa Alor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Alor
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago de Alor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas menores da Sonda Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlor, Indonesia (en) Traducir e South West Alor, Indonesia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 8°16′36″S 124°44′22″L / -8.276667, 124.739442
Bañado porEstreito de Ombai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude875 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións35,1 (ancho) × 90,4 (lonxitude) km
Superficie2.120 km² Editar o valor en Wikidata

A Illa Alor (en lingua indonesia: Pulau Alor) é a illa máis grande do arquipélago de Alor situada no extremo máis oriental das Illas menores da Sonda que se estenden polo sur de Indonesia, e inclúen desde o oeste a illas como Balí, Lombok, Sumbawa, Komodo e Flores.

Ao leste da illa a través do Estreito Ombai están as illas de Wetar e Ataúro, esta última pertencente a Timor Oriental. Cara ao sur, a través do Estreito de Alor, atópase a parte occidental de Timor. Ao norte atópase o Mar de Banda. Ao oeste atópase Pantar e as outras illas do arquipélago de Alor, e o resto das Illas da Sonda.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Alor ten unha superficie de ao redor de 2.120 km², converténdoa na principal illa do arquipélago de Alor.

Kalabahi é a única cidade na illa de Alor, cunha poboación metropolitana dunhas 60.000 persoas. A variedade de produtos que se obteñen en Kalabahi é notoria tendo en conta o seu tamaño e localización.

Alor é de orixe volcánica e ten un terreo moi accidentado. A rexión próxima a Kalabahi é a única zona plana. Por iso, os neerlandeses estabeleceron a capital e o porto principal (Alor-Kecil) da rexión aquí en 1911.

O snorkel e o mergullo son populares no arquipélago de Alor. Debido ás cambiantes e, a miúdo moi fortes correntes o mellor é facer snorkel ou mergullo con alguén que coñeza ben a zona.

División administrativa de Alor

Economía

[editar | editar a fonte]

A infraestrutura da illa é moi débil. Os habitantes practican principalmente a agricultura de subsistencia. O goberno pretende cambiar isto coa axuda de organizacións internacionais. Nas vilas cultívase vainilla, tamarindo, améndoa s e outros froitos secos. Os bosques de sándalo, son cortados para o comercio.

As últimas exploracións xeolóxicas descubriron valiosos recursos, tales como xeso, caolín, petróleo, gas natural, estaño, ouro e diamantes.

O snorkel e o mergullo prometen un aumento do turismo no futuro. O esgotamento da pesca con todo, danou o arrecife de coral nos últimos anos.

guerreiros Alor, 1895

.

Relixión

[editar | editar a fonte]

Máis de 168.000 persoas viven en Alor. Tres cuartas partes son protestantes, o resto son musulmáns, e algúns católicos. Os ritos e as tradicións animistas son aínda moi practicados.

Máis de 15 linguas indíxenas fálanse en Alor, a maioría delas clasificadas como linguas papúas ou non austronesia. Estas inclúen Abui, Adang, Hamap, Kabola, Kafoa, Woisika , Kelon e Kui. Así mesmo a lingua alor é unha lingua malaio-polinesia que se fala na costa oeste e sur de Alor e nas illas circundantes.

Moitas das linguas papúas de Alor están en perigo de extinción e xa non se transmiten ás novas xeracións. Algúns idiomas teñen menos de 1.000 falantes. A Universidade de Leiden fixo recentemente importantes esforzos de documentación lingüística.

A linguaxe da comunicación diaria é o malaio de Alor, pero o Indonesio é a lingua que se ensina nas escolas e utilízase amplamente nos medios de comunicación.